
No Colexio Losada estreamos o método de matemáticas ‘Singapur’.
Este ano o Colexio Losada estrea en primeiro de primaria o método Singapur en matemáticas, que todavía non está extendido en España. Este método consiste en ir máis alá do aprendizaxe, a non só ensinar a aprobar exames, se non tamén a pensar e a entender as matemáticas.
Foi impulsado por Yeap Ban Har, para él, ‘aprender esta materia no es tanto hacer cálculos como interiorizar un nuevo idioma’.
O seu obxectivo é ensinar ós alumnos a resolver problemas por sí mesmos, para que así consigan aprender a pensar, e colocou ós estudantes de Singapur á cabeza das probas de nivel internacionais nesta materia. A esencia deste método reside en que os profesores deben ensinar na clase traballando cos alumnos en equipo, mediante obxetos concretos e deixando ós alumnos que debatan cómo resolvelo ata chegar a unha mesma solución por distintos camiños, en lugar de explicarlles só os procedementos matemáticos que teñen que memorizar.
Singapur non é un método memorístico. Estas clases divídense, sempre, en tres fases de traballo: unha primeira fase concreta onde os alumnos utilizan materiais; outra pictórica, na que debuxan esos materiais sobre o papel; e unha última fase abstracta, de representación dos números naturais.
Durante esa primeira fase os alumnos ‘falan’ matemáticas. No momento no que se lles plantexa o problema se lles ofrece unha serie de materiais para que exploren posibles solucións. Teñen un tempo limitado para chegar a un acordo entre eles. Unha vez terminou ese tempo, cada grupo expón en voz alta as conclusións ás que chegaron. Entón chega o momento de correxirse uns a outros e argumentar. Todas as opinións son válidas e tomadas en conta, co obxetivo de que sexan eles mesmos os que se den conta dos seus errores.
Na segunda fase recorren a libros de texto, ata ese momento gardados, para contrastar a solución á que chegaron anteriormente, e saber se é a correcta.
Por último practican o aprendido, enfréntanse eles sós ó problema para ver se o comprenderon e se son capaces de elaborar, na súa cabeza, unha solución.
Este tipo de métodos aumentan a autoestima do alumnado e facilitan o aprendizaxe, ademáis de aceleralo. Xa no se teñen que preocupar de aprenderse as fórmulas exactas, se non de razonalas e sacalas eles mesmos mediante as súas conclusións.
En definitiva, un método innovador, que aínda que todavía sexa pronto para ver os resultados globais de este sistema no rendimento dos alumnos, non dubidamos que a ‘medio prazo’ se perciba a melloría.