O 2019 trae un novo Proxecto Erasmus+ de formación para o noso profesorado.
O proxecto “Camiño a Finlandia: Terceira etapa” é o terceiro proxecto Erasmus+ de formación para o noso profesorado que da continuidade a unha liña de traballo de cooperación internacional emprendida no Centro como parte do seu Plan de innovación e internacionalización.
Concedéronos un total de 10 mobilidades para o profesorado: 4 cursos de formación en Irlanda e Italia sobre tecnoloxía, metodoloxía Flipped classroom e matemáticas e 6 estancias de aprendizaxe por observación en escolas europeas (2 Escolas de Infantil en Reggio Emilia, en Italia e 2 centros educativos en Bélxica con experiencia en STEM).
Esta formación desenvolverase ao longo do curso 2019 e estará cofinanciada polo programa Erasmus+ da Unión Europea.
2019, ¡alá imos!
