Skip to content

O alumnado de 1º e 2º de Primaria gozaron dun máxico espectáculo de monicreques

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria viviron esta semana unha experiencia inesquecible ao gozar do emocionante espectáculo de monicreques «Tres pelos para o rei». O evento, organizado con entusiasmo polos alumnos de 4º da ESO, espertou a creatividade e a imaxinación dos máis pequenos.

O entusiasmo e o esforzo dos estudantes de 4º da ESO para organizar o espectáculo de monicreques reflectíronse en cada detalle. A súa dedicación e habilidade para dar vida aos monicreques entusiasmou a todos os alumnos de primaria, quen agradeceu con aplausos e sorrisos. Grazas aos nosos estudantes de 4º da ESO por regalarnos este divertido espectáculo!

Back To Top