Historia
O Colexio Plurilingüe Losada iniciouse no Calvario no ano 1965 da man dos irmáns Eugenia e Ramiro Losada Bastos. Posteriormente constituíuse en sociedade limitada, á que se incorporaron recentemente algúns profesores do Centro.
En 1998 trasladouse ás novas instalacións da freguesía de Lavadores. No ano 2008 o Colexio Losada de Educación Infantil tamén se trasladou ás novas instalacións da rúa Baixada ó Capitán 37, nun edificio exclusivo para este nivel educativo de nenos de 3 a 5 anos.
Quen somos?
O Colexio Plurilingüe Losada é un centro de ensino Plurilingüe Concertado pola Xunta de Galicia. Comprende os niveis educativos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Contamos con dous modernos centros, de recente creación, situados no Barrio de Lavadores, na rúa Baixada a Capitán 31 e 37.
Desde o curso 2011-12, o Colexio Losada ven desenvolvendo o Plan de ensinanzas plurilingües no marco da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, co fin de fomentar a competencia lingüística do alumnado en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Segundo este plan, os alumnos recibirán un terzo das materias en lingua galega, un terzo en lingua castelá e un terzo en lingua inglesa. Ademais en Secundaria, impartirase una segunda lingua estranxeira: a lingua francesa.
O Colexio Plurilingüe Losada ofrece unha educación sólida e de calidade nas distintas áreas do currículo formando aos nosos alumnos no desexo de aprender, no desenvolvemento do pensamento crítico e na toma de decisións, na integración positiva na sociedade e no respecto polos demais.
Ideario
O ideario do Centro Plurilingüe Losada fundaméntase nos seguintes obxectivos xerais:
-
- Axudar ós alumnos/as a un desenvolvemento harmónico das súas condicións físicas, morais e intelectuais.
- Preparar ós xoves para participar, activa e responsablemente nunha sociedade democrática, capacitándoos para o diálogo, a solidariedade, a tolerancia e a fructífera colaboración na consecución do ben común.
- Desenvolve-la capacidade do recto xuízo e afirma-lo espírito crítico necesario para utiliza-l volume desmesurado de información e para defendela liberdade interior fronte a tódalas propagandas.
- Inculcarlles os principios de respecto á Natureza como un tesouro do que debemos disfrutar e preservar para futuras xeracións.
Premios
- A alumna Paula Fontanella Poyato foi a ganadora do concurso “Deseña unha xoia para túa nai” do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.
- Os alumnos de 4º ESO ganan 2º premio do concurso “Xeometría da Natureza” da F. Barrié de la Maza.
- O alumno Ismael Carrera Torres foi o ganador da Beca “Estudia en Candá” da Fundación Amancio Ortega, para cursar 1º de Bacharelato en Candá.
- Ganadores do concurso “Adornando a árbore de Nadal” da Asociación de Comerciantes de Centro Príncipe.
- Premio periodístico El Pais Estudiantes (2012). Segundo finalista Comunidad Gallega. Realizado por un grupo de alumnos de 3º e 4º E.S.O.
- Premio periodístico El Pais Estudiantes (2011). Segundo finalista Comunidad Gallega. Realizado por un grupo de alumnos de 3º e 4º E.S.O.
- Ganadores do concurso “Deseña a vaca do Corte Inglés” para Cow Parade de Vigo (2007).
- Premio arquitectónico “Hermanos Gómez Román” (1998).
- Premio á Integración 1998 (Asociación de Síndrome de Down).
- Premio Patronato Rosalía de Castro (1977).
- Premio Nacional de Iniciativas Pedagóxicas (1969).