Normas de convivencia
Disciplina e convivencia
O alumno é un ser en pleno período evolutivo, polo que as normas de conducta que se establecen teñen unha importancia capital.
O Colexio Plurilingüe Losada, con tolerancia, comprensión e firmeza debe encamiñar ao alumno cara o seu autocontrol e cara a responsabilidade crecente, facéndoo sentir e comprender, na medida de seu desenvolvemento e madurez, as consecuencias dos seus actos.
Procurarase que estas normas, emanadas de hábitos desexables, teñan un reflexo e unha utilidade práctica constantes, para evitar as circunstancias que induzan negativamente a desviacións de conducta.
Preténdese unha disciplina preventiva e autónoma, que faga dos educandos seres ceibes e responsables, garantindo así a boa convivencia desta Comunidade Escolar.
- Os alumnos teñen a obriga de asistir puntual e regularmente a clase.
- As entradas e saídas faranse en orde.
- Os alumnos respectaranse mutuamente. Deben respecto, así mesmo, aos profesores, pais de alumnos e demais persoal do Colexio Plurilingüe Losada.
- Coidarán e respectarán o Centro e o seu entorno, é dicir, as instalacións e o material do mesmo.
- Os desperfectos ocasionados intencionadamente no Colexio Losada polos alumnos serán repostos ou reparados coa achega económica dos pais ou titores dos causantes do dano, facendo extensiva a falta se se refire a persoa física ou propiedades particulares de profesores ou alumnos.
- Coidarán do seu vestiario e aseo, procurando corrección no vocabulario, ademáns, xestos e boas formas, que demostren en todo momento a súa educación en evolución.
- O alumnado estará obrigado a traer o material necesario para o normal desenvolvemento das actividades académicas, incluíndo a uniformidade regulamentaria.
- Esforzaranse, na medida das súas posibilidades, no máximo rendemento escolar.
- O alumno non poderá abandonar as instalacións do Colexio Losada sen permiso do Director ou Xefe de Estudios, se non media a solicitude ou autorización dos pais ou titores.
- Todas as faltas de asistencia ou puntualidade deberán ser xustificadas ao Director ou Xefe de Estudios.
- Unha vez iniciada a xornada escolar non se permitirá o acceso ás aulas ata o comezo da seguinte clase a aqueles alumnos que por motivos non xustificados se atrasen. Se o atraso é reiterado, informarase aos pais ou titores.
- Non deberán permanecer no Centro en horas non lectivas, salvo en aquelas actividades extraescolares dirixidas por algún Profesor ou monitor.
- Os alumnos non deben permanecer en clase durante o recreo, salvo autorización dalgún Profesor ou por causa xustificada.
- Establecido o proceso de avaliación continua, quedará a criterio do Profesor titular de cada disciplina a realización de controles e/ou probas de avaliación a aqueles alumnos que non se presenten o día e á hora previamente sinalados.
- En época de exames finais e recuperación, o alumnado permanecerá en clase no tempo que transcorre entre exames, excepto no caso de primeira e última sesión.
- Puntual e asidua asistencia dos Profesores do Colexio Losada.
- Os Profesores vixiarán as entradas, saídas e recreos, procurando reine o orde e atendendo as incidencias dos alumnos.
- Se algún Profesor ten algunha hora libre durante a xornada escolar, non poderá saír do Centro salvo causa xustificada ou previa autorización da Dirección.
- Os Profesores comunicarán e xustificarán á Dirección as ausencias que se poidan producir.
- Deberán participar activamente nas actividades de programación e orientación educativa, así como en cantas reunións pedagóxicas ou cos pais estime a Dirección.
- Os Profesores respectarán o dereito dos alumnos ao recreo, salvo motivo excepcional.
- Como medida correctiva, os Profesores poderán castigar aos alumnos poñéndoos fora da aula ou nos corredores cando perturben a boa marcha da clase. Non poderán expulsalos fora do recinto escolar.
- É deber de cada Profesor manter a máxima reserva sobre as incidencias de orde interno, polo ben e o prestixio do Colexio Plurilingüe Losada.
- Os pais ou titores teñen a obriga de matricular aos seus fillos no prazo estipulado.
- Velarán pola asistencia e puntualidade de seus fillos a clase.
- Colaborarán cos Profesores na aplicación das medidas disciplinarias axeitadas para corrixir faltas.
- Deberán mostrar en todo momento respecto polos Profesores e a súa metodoloxía, non os desautorizando ante os alumnos nin menoscabando a súa autoridade e profesionalidade de palabra ou con actitudes violentas.
- Deben informarse periodicamente do aproveitamento e comportamento de seus fillos, relacionándose directamente cos titores e profesores, e cando o crean conveniente co Xefe de Estudios ou Director.
- Poderán acudir ao Xefe de Estudios ou Director para formular as queixas ou peticións que crean convenientes en torno á educación de seus fillos.
- As entrevistas cos Profesores deberán realizarse nos días e horas sinalados polo Colexio Plurilingüe Losada.
- Os pais ou titores deben devolver firmadas cantas notas informativas, cualificacións, etc., soliciten os Profesores.
- Os pais ou titores están obrigados a coñecer e respectar o Ideario do Colexio Losada, así como o Regulamento e Normas, que se lles facilitarán no momento do ingreso del alumno no Centro.
1. FALTA LEVE
a) Falta a clase por un día sen xustificación por escrito dos seus pais ou titores.
b) Falta de puntualidade inxustificada
c) Neglixencia no tratamento do material e instalacións escolares, que poida ocasionar desperfectos ou males.
d) As disputas ou pelexas dentro do recinto escolar.
e) A falta de atención constante en clase.
f) A falta de veracidade cos Profesores.
g) A non realización das tarefas escolares impostas.
h) A falta de normas elementais de educación e decoro.
i) Utilización do teléfono móbil no recinto escolar.
j) O incumprimento do horario e actividades dentro da xornada, así como aos castigos impostos.
k) Asistir a clase sen o material didáctico necesario ou equipamento obrigatorio sen xustificación.
l) A falta de respecto e obediencia aos Profesores, falta de respecto aos demais compañeiros, ou a utilización de palabras malsoantes.
m) Comportamento inaxeitado no transporte escolar, comedor escolar, en visitas escolares, excursións ou desprazamentos, así como no entorno escolar, que poden lesionar o prestixio da Comunidade Escolar.
SANCIÓNS
Amoestacións privadas/públicas, comunicación escrita aos pais ou titores, restitución do material deteriorado, permanencia no Colexio Losada fóra de horario lectivo ou sen recreo por un período máximo de cinco (5) días, exclusión das actividades complementarias e realización de tarefas en beneficio da Comunidade Escolar.
Estas sancións serán competencia do Profesor na clase do cal se produza a falta, facéndoo constar ao Xefe de Estudios no parte diario.
2. FALTA GRAVE
a) As reincidencias frecuentes en faltas leves, sen mellora de conducta.
b) O deterioro intencionado do material ou instalacións escolares, incluído o que se produza nas actividades programadas fora do Centro.
c) A falta de respecto que entrañe vexación.
d) A manipulación ou ocultación dos boletíns de cualificacións, exames, controles, notificacións e, en xeral, a correspondencia cos pais ou titores.
e) A desobediencia manifesta aos Profesores ou persoal do Centro.
f) A saída do recinto escolar sen permiso.
g) Fumar, consumir bebidas alcohólicas ou drogas dentro do recinto escolar. Están prohibidos os xogos de azar.
h) A ameaza, abuso da forza ou acoso cos alumnos.
SANCIÓNS
Amoestación escrita, restitución do deteriorado, petición pública de desculpas á persoa ofendida, expulsión temporal do Colexio Losada de un a cinco (1-5) días.
En caso de reiterado mal comportamento no transporte escolar, comedor ou actividades extraescolares, a súa exclusión destes servicios durante cinco (5) días, e incluso definitivamente en caso de reincidencia.
Estas sancións serán impostas polo equipo formado polo Titor, Xefe de Estudios e Director, previo coñecemento do pai ou titor. En caso de que os pais ou titores do alumno non asuman as súas responsabilidades, pasará ao Consello Escolar.
3. FALTA MOI GRAVE
a) A reincidencia notoria en faltas graves.
b) O roubo ou furto do material do Colexio Losada, dos Profesores, persoal do Centro, visitas ou dos seus propios compañeiros, durante as actividades extraescolares organizadas polo Centro.
c) A violencia física con perigo da integridade.
d) En xeral, toda conducta que pola súa gravidade poida ofrecer un dano físico, moral ou económico que prexudique notable e gravemente á Comunidade Escolar.
SANCIÓNS
Estas sancións corresponden ao Consello Escolar ou comisión de disciplina que este designe.
Para todo o non contemplado ou desenvolvido no presente Regulamento, así como para aclarar calquera posible interpretación, aplicarase o Real Decreto 732/1995, de 5 de maio, polo que se establecen os Dereitos e deberes dos alumnos e as Normas de convivencia nos Centros.