skip to Main Content
LISTADO LIBROS Y MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24 + INFO

STE(A)M

No CPR Plurilingüe Losada somos sabedores da importancia que teñen hoxe en día as ciencias e as novas tecnoloxías, e precisamente por iso traballamos con moito interese coas metodoloxías STEM e STEAM, pero ¿qué significan estas siglas?

STEM é o acrónimo en inglés de catro disciplinas académicas:
S: Science; T: Technology; E: Engineering; M: Mathematics

O que no noso sistema educativo corresponderían a Ciencias Naturales, Tecnoloxía e Matemáticas. As iniciativas ou proxectos educativos englobados baixo esta denominación pretenden aproveitar as similitudes e puntos en común das catro materias para desenrolar un enfoque interdisciplinario do proceso de ensinanza e aprendizaxe, incorporando contextos e situacións da vida cotiá, e utilizando tódalas ferramentas tecnolóxicas necesarias.

Dun tempo a esta parte, ao acrónimo STEM, engadíuselle unha nova vogal, o A de Arts, e transformouse en STEAM. Deste xeito entran en xogo as habilidades artísticas e creativas coa educación STEM e póñense en valor aspectos como a innovación e o deseño.

Algúns dos proxectos STE(A)M mais salientables que neste momento estamos a levar a cabo son os seguintes:

1) A TÁBOA QR-PERIÓDICA

Os alumnos de 2º ESO e 3º ESO están a levar a cabo, de maneira conxunta, a construcción dunha táboa periódica xigante. A cada un dos alumnos asígnaselle un elemento, e debe buscar empregando o Internet as súas principais características.

Logo, coa información atopada crearán un código QR, que permitirá que calquera que dispoña dun Smartphone e un lector de códigos QR, poida acceder a esa información.

Ademais cada rapaz deberá elaborar, traballando cun procesador de texto, un documento no cal se reflicta a información do elemento no mesmo formato que aparece na táboa periódica.

Logo, empregando cartón ondulado construirán uns ortaedros no cal pegarán a información do elemento e o código QR. A táboa montaráse no vestíbulo do centro.

2) FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Os alumnos de 3º ESO de Matemáticas Académicas están a realizar unha actividade sobre Fotografía Matemática.

Aproveitando que as Matemáticas están presentes no noso entorno, xa sexa en forma de curvas, mosaicos, ángulos ou simetrías, e que a fotografía encárgase de retratar a realidade que nos rodea, que mellor forma de xuntalas que coa fotografía matemática.

Cada alumno debe realizar unha fotografía onde se reflexe unha realidade matemática, posteriormente editaráse a imaxe e traballaremos con conceptos como a cor, a luminosidade e a saturación con programas informáticos adecuados.

Posteriormente realizarase unha exposición das mesmas no centro.

3) ESCAPE ROOM MATEMÁTICO

Os alumnos de Matemáticas Académicas de 4º ESO están a levar a cabo a elaboración dun Escape Room Matemático, no cal, ademais de traballar as Matemáticas, mistúranse habilidades como o uso das novas tecnoloxías, empregando a realidade aumentada, para a súa posta en escena.

4) PROGRAMA CISCO ESCUELA

Por segundo ano consecutivo, os alumnos de 2º ESO, participan no programa Cisco Escuela, unha actividade deseñada para fomentar o interés polos estudios STEM, aprender aspectos básicos das TIC, traballar en equipo e presentar un proxecto de Internet of Things (IoT).

Durante cerca de 4 meses, de febreiro a maio, os rapaces traballan en proxectos encadrados no marco IoT, como unha cerradura intelixente ou un brazalete para impedir afogamentos na praia o una piscina.

O programa consta de cinco fases: formación sobre a importancia das TIC; acercamento ao Internet of Things; taller práctico de IoT mediante programación Arduino; concurso por grupos de alumnos que preparan e presentan o seu proxecto; e visita ás oficinas de Cisco.

O CPR Plurilingüe Losada foi o único centro galego elixido polo Programa Escola Cisco IT Rocks durante o curso 2019-2020

O CPR Plurilingüe Losada é consciente da necesidade de promover o uso e o coñecemento…

ler máis

Rúa Baixada ao Capitán, 31-37
36214, Vigo

cpr.losada@edu.xunta.es

986 266 427 – 986 253 248

986 272 229

Horario

De luns a venres:
Ed. Infantil de 9:00 a 14:15 horas.
Ed Primaria e ESO de 9:00 a 14:30 horas.
ESO: mércores de 16.30 a 18:10 horas.

Centro plurilingüe

Galego, español, inglés

Niveis de ensino

Educación Infantil, Ensino Primario, Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.), Educación Especial

Transporte e comedor

Actualmente non se dispón destes servizos

Máis información

Back To Top