skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
¡O Colexio Losada Viaxa A Roma!

¡O Colexio Losada viaxa a Roma!

Esta enriquecedora viaxe converteuse en toda unha experiencia de inmersión cultural que nos brindou, ademais, a oportunidade de gozar dun destino tan interesante como Roma. ¡Pasámolo en grande!

A aventura comezou o luns 30 de abril no propio Colexio Losada, desde onde partimos cara ao aeroporto de Santiago. Unha vez aterramos en Roma, trasladámonos ao hotel para deixar a equipaxe, repartir as habitacións e descansar porque ¡ó día seguinte tocaba madrugar!

O primeiro día na cidade aproveitámolo para visitar as Catacumbas de San Calixto pola mañá, deixando a Roma barroca para a tarde, momento no que percorremos a Praza Navona, o Panteón, (un dos edificios da Roma Antiga mellor conservados), a Fontana de Trevi, a Vïa dei Coronari e a Ponte de San’ t Angelo.

O mércores trasladámonos á Antiga Roma, xa que fixemos turismo polo Coliseo e Foro romano mentres que o xoves, grazas á axuda dun guía local, percorremos o Vaticano e os seus museos e pola tarde puidemos gozar do marabilloso Castelo de Sant’Angelo e do Ara Pacis.

Como todo o bo sempre se acaba, o domingo de madrugada volvemos ao aeroporto de Roma para coller o voo de regreso a Santiago, e desde alí, trasladámonos de novo ao colexio onde nos estaban esperando todos os pais. ¡Sen dúbida unha viaxe inesquecible e enriquecedora que non esqueceremos nunca!

Back To Top