skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
O CPR Plurilingüe Losada Foi O único Centro Galego Elixido Polo Programa Escola Cisco IT Rocks Durante O Curso 2019-2020

O CPR Plurilingüe Losada foi o único centro galego elixido polo Programa Escola Cisco IT Rocks durante o curso 2019-2020

  • STEM

O CPR Plurilingüe Losada é consciente da necesidade de promover o uso e o coñecemento da tecnoloxía entre os seus alumnos, de transmitirlles que está cada vez máis dentro das nosas vidas, e que lles axudará a lograr desafíos significativos nas súas futuras profesións.

Aproveitando este marco, o colexio inscríbese no Programa Escola Cisco IT Rocks, programa que promociona a importancia de conseguir unha educación superior, fomentar os estudos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), e que explica como a tecnoloxía pode influír nas vidas.

Ao longo de 3 meses, introduciuse aos alumnos de 2º ESO no mundo Internet of Things, explicando primeiro unhas nocións teóricas e como broche final, convidándoos a poñelas en práctica propoñéndolles un reto: construír un proxecto IoT en grupos e reflectilo nunha maqueta.

A continuación expoñeranse brevemente os proxectos:

Grupo 1: Washshoes

Lavadora especial que permite aos usuarios lavar e poñer a punto todo tipo de calzado, incluídos os cordóns, de maneira rápida, efectiva e satisfactoria, en pouco tempo e con excelentes resultados.

Grupo 2: Technological Intelligent Card (TIC)

Tarxeta de embarque universal que pode ser utilizada por todas as compañías aéreas. Esta tarxeta funciona mediante unha aplicación que che informa en tempo real de datos como: a porta de embarque, o tempo que falta para o despegamento, o número de avión, etc.

Grupo 3: Smart Help

Pulseira que en caso de emerxencia activa un mecanismo de xeolocalización enviando unha mensaxe ao hospital máis próximo. Ademais, analiza a situación médica do enfermo.

Grupo 4: GANYL

Fechadura que funciona mediante unha pegada dixital que permite abrir, pechar e arrincar un vehículo. Contrólase mediante unha aplicación móbil que nos permite xeolocalizar o coche e bloquealo no caso de que a pegada que o tente abrir non forme parte da colección de pegadas almacenadas na memoria da fechadura.

Grupo 5: Motor Blind

Vehículo que permite ás persoas invidentes con total seguridade para eles e para a súa contorna.

Grupo 6: Smart Greenhouse

O proxecto consiste no deseño e realización de macetas “intelixentes” que facilitarán aos propietarios do invernadoiro o coidado das plantas de maneira eficaz, fácil e sinxela.

Cada un dos proxectos expuxéronse, o venres 12 de abril de 2019, ante un xurado formado por enxeñeiros de telecomunicacións e industriais, no cal un dos membros era un representante de Cisco España.

O equipo elixido gañador foi o Grupo 4 e terá a ocasión de expoñer o seu proxecto nas oficinas de Cisco España en Madrid, o Luns 20 de Maio, xunto cos outros centros seleccionados, neste caso un total de 43 centros, sendo o Colexio Losada o único representante galego nesta edición.

 

Back To Top