Skip to content

O fin de curso máis refrescante!

Menuda mañá de diversión e risas pasamos na festa de Educación Primaria! Os nosos nenos e nenas demostrárono todo dándoo o cen por cen en cada actividade.

Tivemos de todo para despedir o curso coma se merece:

  • Gymkanas e xogos onde demostraron ser un auténtico equipo.
  • Maquillaxe cheo de cor e creatividade.
  • Zumba para mover o esqueleto e recargar as enerxías ao ritmo da música.
  • E o gran momento final… ¡A gran festa do auga! A mellor forma de refrescarse e terminar o día con moitísimas risas.

Pasámolo en grande e creamos recordos inesquecibles. Grazas a todos por facer deste día unha xornada tan especial!

Back To Top