skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
A Directora Do Colexio Losada Viaxa A Dublín Para Aprender Sobre Novas Tecnoloxías

A Directora do Colexio Losada viaxa a Dublín para aprender sobre novas tecnoloxías

A tecnoloxía é un pilar fundamental no noso día a día, e por iso é importante tela en conta na educación que damos nas aulas. A nosa directora Clara Liz, viaxou ata Dublín para realizar o curso “Using technology in the classroom”.

Os contidos cos que traballou foron moi variados, pero principalmente estaban enfocados a aproveitar nas clases as vantaxas da era dixital:

  • Google Classroom
  • Flipped Classroom
  • Aprendizaxe basado en proxectos

O Flipped Classroom é un novidoso método co que se están a formar varios dos nosos docentes. Recordades que fai pouco vos falamos da estancia do noso profesor J. Carlos Pérez en Florencia? Podedes saber máis sobre en que consiste e consultar a experiencia facendo click aquí.

Unha gran oportunidade para compartir ideas e diferentes puntos de vista con outros profesores de inglés de Alemania, Hungría ou República Checa. Recordámosvos que a súa experiencia de aprendizaxe sobre tecnoloxía forma parte do Proxecto Erasmus+ KA101 Camiño a Finlandia: 3ª Etapa. Unha formación cofinanciada por el Programa Erasmus+ da Unión Europea.

Back To Top