skip to Main Content
AYUDAS LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Olimpiada Sobre A Unión Europea

Olimpiada sobre a Unión Europea

Un equipo formado por cinco alumnos/as de 4o ESO representou ao Colexio na fase rexional da Olimpiada sobre a Unión Europea celebrada en Santiago de Compostela. Na capital de Galicia participaron activamente e con moito acerto nunha masterclass sobre a UE en Galicia, foron portavoces dos grupos de traballo e redactaron un ensaio sobre a importancia de participar nas eleccións europeas.

Sen dúbida foi unha fantástica experiencia a nivel competencial e persoal que esperamos teña continuidade na fase nacional a celebrar en Salamanca entre o 19 e o 21 de abril de 2024.

Back To Top