Os alumnos da ESO presentamos os nosos proxectos
1º ESO
Pulso Eléctrico
Quen dixo que xogar e aprender non son compatibles? Nada máis lonxe da realidade, e senón que llo digan ás nosas mozas e mozos de 1ºESO, que se puxeron a traballar para construír o seu propio xogo, neste caso, un pulso eléctrico. Desta maneira puxeron en práctica os seus coñecementos sobre circuítos eléctricos e construíron un divertido de xogo con luz e son que pon en xaque o pulso dos máis tranquilos, atrevédesvos a probalo? Só apto para valentes.
2º ESO
Xogo Operación
O noso alumnado de 2ºESO descubriu que, coas nocións de circuítos eléctricos estudadas nesta 2ª avaliación e materiais reciclados, poden converterse nos creadores dunha versión do popular xogo da década dos 80, Operación. Pasáronllo estupendamente e como premio ao traballo ben feito, unha partidita animádesvos a xogar connosco?
3º ESO
Conectando a arte coas Matemáticas
Quen dixo que a arte e as Matemáticas son disciplinas que nada teñen en común? As nosas mozas e mozos de 3ºESO puxéronse ao choio para demostrarnos que iso non é así, e escolleron algunhas das obras da colección permanente do Museo Thyssen para iso. En primeiro lugar, traballaron en profundidade o concepto de razón de semellanza debido a que calcularon todas as medidas dos cadros a partir dunha fotocopia das obras de arte; tamén traballaron as áreas e as porcentaxes, para poder elaborar as cores a partir das cores primarias e secundarias. Todo un traballo STEAM que realizaron de maneira exitosa.
