
Os nosos alumnos participan nun taller de Primeiros Auxilios e Reanimación Cardipulmonar
Hoxe en día saber actuar ante calquera emerxencia ou imprevisto é fundamental para evitar situacións comprometidas. No colexio, todo o equipo docente somos conscientes de que non só a educación dos nosos alumnos está día tras día nas nosas mans, senón que tamén a súa saúde e seguridade. Por iso, cremos que é fundamental tratar temas como os primeiros auxilios, xa que nos pode achegar as directrices máis básicas para poder actuar en situacións de emerxencias ou urxencias. Por este motivo, desde o 2 ao 5 de abril os nosos alumnos dos ciclos de infantil, primaria e ESO participaron nun taller de Primeiros Auxilios e Reanimación Cardiopulmonar, impartido por TesGalicia. Durante o transcurso do mesmo, puideron aprender os conceptos básicos de primeiros auxilios, así como breves pautas de actuación ante unha emerxencia, tráfico, enfermidades habituais… Tamén coñeceron a Posición Lateral de Seguridade ( PLS), manobras de desobstrucción da vía aérea ante un atragantamiento, RCP, funcionamento dos teléfonos 112/061… Entre moitas outras manobras relacionadas cos primeiros auxilios.