skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Polos Creativos

Polos creativos

No CPR Plurilingüe Losada xa chegamos ao Polo… creativo! e preguntarédesvos que é isto? Os Polos Creativos son espazos educativos e innovadores, dotados de equipamento especializado para fomentar:

  • A creatividade a través da superación de retos,
  • A consecución de proxectos, a resolución de problemas,
  • A realización de prototipos,
  • A construción de resultados tanxibles, etc.

Nos polos albérganse prácticas de investigación e experimentación, integrando o coñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais.

Unha das nosas profesoras de ciencia de secundaria, Tamara, xa está inmersa neste proceso de formación e será logo a encargada de contarnos aos demais profes do centro, como manexar todo o novo equipamento tecnolóxico co que contaremos: impresora 3D, cortadora láser, escáner 3D, robots etc.

Deixámosvos unhas imaxes e algún vídeo para que vaiades deixando voar a vosa imaxinación.

Back To Top