skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Por Máis “lovers” Que “haters”

Por máis “lovers” que “haters”

O mércores 9 de outubro contamos coa presencia de Alba Berrecoso, educadora social da Fundación Alborada, que ven de lanzar un programa para sensibilizar, previr e detectar de xeito precoz a violencia entre nenos, nenas e adolescentes. Este programa o que busca é, dende unha prespectiva de bo trato e positiva, traballar sobre iguais, posto que hai un aumento de conduta violenta entre os mozos e mozas, tanto os que a sufren como os que a exercen. Alba relatou dun xeito claro e sinxelo a diferenza entre conceptos que ás veces podemos confundir como violencia e agresividade, enumerou e explicou con exemplos os tipos de violencia que hai máis aló da física. Grazas Alba e Fundación Alborada por esta marabillosa tarde, agardamos teros connosco noutra ocasión.

Back To Top