skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Programa SWAP: Students Against Water And Air Pollution

Programa SWAP: Students against Water and Air Pollution

Durante os dous vindeiros anos, o Colexio Losada vai ser o coordinador dun novo proxecto cofinanciado polo Programa Erasmus+ da Unión Europea, SWAP: Students against Water and Air Pollution. Este programa europeo, dirixido a estudantes de entre 14 e 16 anos pretende concienciar ás vindeiras xeracións sobre a importancia de coidar o medio ambiente nun contexto actual de cambio climático. O plan é unha actuación cuxo obxectivo é loitar contra á contaminación desde os centros educativos.

O fin das accións que levará a cabo o noso alumnado é o de mellorar a calidade do aire no entorno escolar mediante diferentes actividades, así como sensibilizar a todo o colectivo escolar desta problemática mundial, tanto ao noso alumnado como ao noso profesorado. Para executar este programa imos contar coa colaboración doutros centros escolares europeos: Sint Ursulalyceum, Lier (Bélgica), Karolina Iskola, Szeged (Hungría) e Gymnasio Peta, Artas (Grecia).

 

Back To Top