O Colexio Losada participa no Proxecto Erasmus
No curso 2016-17 e 2017-18, o Colexio Losada implementa o “Proxecto: Camino a Finlandia” no marco de Erasmus+, KA1 movilidade de personal de Educación Escolar
PROYECTO: 2016-1-ES01-KA101-023611: CAMINO A FINLANDIA: PRIMERA ETAPA.
O proxecto “Camiño a Finlandia: Primeira etapa” significa o primeiro gran paso para impulsar e modernizar a cultura pedagóxica do noso centro e acurtar a distancia que nos separa de sistemas educativos europeos pioneiros que demostraron con resultados obxectivos a súa excelencia educativa.
A actividade principal do noso proxecto é a asistencia a un curso formativo sobre o sistema educativo finlandés, que nos permitirá coñecer en profundidade a cultura pedagóxica deste país e os seus elementos de calidade, a xestión e organización das escolas e coñecer en especial como se trata a diversidade e como se integra o uso das TIC nas aulas. A visita a diferentes escolas finlandesas, as charlas co persoal directivo e o profesorado dos centros visitados darannos a oportunidade de coñecer en primeira persoa os diferentes elementos que conforma este recoñecido sistema educativo. Esta acción formativa levaranos a reflexionar sobre as necesidades de desenvolvemento da nosa cultura escolar e inspirarán accións transformadoras encamiñadas a conseguir mellorar a calidade do ensino.
Ademais, realízanse outros dous cursos de formación que fortalecen e complementen esta primeira acción: cursos sobre didáctica das áreas CLIL para profesores de primaria e secundaria co fin de adquirir novas destrezas, ferramentas e metodoloxía específica aplicables ás áreas de ciencias en inglés dentro do plan plurilingüe e un curso en Lingua Inglesa no Reino Unido, para fortalecer as competencias lingüísticas dos docentes participantes.
Na primeira parte do proxecto realizaranse 7 movilidades que estarán compostas por distintos cursos: de lingua inglesa, de CLIL, de lingua inglesa para un profesor de primaria e un 1 curso de CLIL para secundaria, todos en Reino Unido. Tamén darase un curso de formación sobre o sistema educativo finlandés en Joensu.
Preténdese con este proxecto adquirir o coñecemento e as ferramentas necesarias para articular o plan de mellora do centro dunha forma máis eficiente desde o punto de vista de organización e planificación do centro e adquirir aquelas destrezas, metodoloxía e ferramentas innovadoras que transformarán e beneficiarán a práctica da aprendizaxe especialmente nas áreas relacionadas coa lingua inglesa, a aplicación das TIC e o tratamento da diversidade no aula. Estas accións facilitarán e fomentarán o intercambio de experiencias e boas prácticas con expertos e docentes da comunidade educativa e mellorará a dimensión internacional do noso centro. A longo prazo, este proxecto fomentará novos proxectos cooperativos con outros centros escolares europeos, nos que se incluirá o intercambio de coñecementos e experiencias entre estudantes e alimentará o desenvolvemento do noso plan de mellora encamiñado a cumprir coas esixencias educativas do século XXI a través dunha oferta de educación de calidade.
PROYECTO: 2017-1-ES01-KA101-037459: CAMINO A FINLANDIA: SEGUNDA ETAPA.
Esta segunda etapa do proxecto concíbese como a continuación do proxecto concedido o ano anterior para formación en áreas CLIL, de tecnoloxía, necesidades educativas especiais, lingua francesa, arte contemporánea e metodoloxía Reggio Emilia para Ed. Infantil.
Para esta etapa foron concedidas 9 movilidades tales como: melloras da competencia lingüística en lingua francesa,
tecnolóxica aplicada á ensinanza do inglés, cursos de STEM, de Arte Contemporáneo e un curso sobre NEE, ademáis de jobshadowing en escola de Ed. Infantil.