skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Proxecto Erasmus+ KA101 Camiño A Finlandia: 3ª Etapa

Proxecto Erasmus+ KA101 Camiño a Finlandia: 3ª Etapa

Os profesores do Colexio Losada continúan formándose dentro do Proxecto Erasmus. Neste artigo contámosvos a estancia formativa que realizou Adrián Fernández  e Ana López en  Deerlijk, Bélxica, do 20 de maio ao 24 de maio co curso Erasmus sobre  STEM (Ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Esta estancia está integrada dentro do Programa Erasmus  KA1 2017  ‘Camiño a Finlandia’: terceira etapa, como parte do Plan de Internacionalización e Innovación do Centro.

Ana e Adrián visitaron e participado como profesores visitantes na escola belga  GEMEENTESCHOOL DE  BEUK. Alí, puideron compartir e intercambiar opinións e impresións sobre modelos de educación a parte de poder observar de preto o sistema educativo alemán en canto a competencias  STEM. Un intercambio cultural onde se traballou para conseguir atraer aos máis pequenos e pequenas a estas diferentes materias e competencias.

                                                                 

Unha experiencia moi satisfactoria e que se repetirá noutros países porque A Terceira Etapa do Camiño Finlandia tan só acaba de empezar!

 

Back To Top