skip to Main Content

Camiño a Finlandia: Terceira Etapa

Camiño A Finlandia: Terceira Etapa
O proxecto “Camiño a Finlandia: Terceira etapa” é o terceiro proxecto Erasmus+ que se levará a cabo no centro e a súa implementación dá continuidade a unha liña de traballo de cooperación internacional emprendida polo centro.
Consiste na realización de 10 mobilidades: 4 cursos de formación e 6 estancias de aprendizaxe por observación sobre metodoloxías e ferramentas TIC, relacionados cos eixos do Plan de Desenvolvemento Europeo ( plurilingüismo, novas metodoloxías, STEM, Reggio-Emilia e novas Tecnoloxías). As dez mobilidades concedidas son:
  • 1 mobilidade para realizar o curso: Using Technology in the classroom – Dublin, Agosto 2019.
  • 1 mobilidade curso “ Flipped classroom” en Italia, verán 2019.
  • 2 mobilidades para a realización dun curso para a mellora da Didáctica do ensino das matemáticas – Ed. Primaria, durante o curso escolar.
  • 2 mobilidades para unha estancia Jobshadowing (observación) en escolas de Ed. Infantil (3 a 6 anos) en Reggio Emilia, Italia.
  • 4 mobilidades para unha estancia Jobshadowing sobre STEM en escolas de Ed. Primaria e secundaria en Bégica.
Estancia en Jobshadowing sobre o ensino de STEM (Ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas)
Os profesores Adrián Fernández e Ana López estiveron na escola belga GEMEENTESCHOOL DE BEUK , en Deerlijk, Bélxica, dentro do programa de formación Erasmus para formarse en ensino de STEM.
Back To Top