skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO

Programa Aprendizaxe Cooperativo

Programa Aprendizaxe Cooperativo

O CPR Plurilingüe Losada forma parte do Programa CA / AC (Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar) dende o curso 2014-15.

Este programa é o resultado de dous proxectos I + D + I que se levaron a cabo polo Grupo de Investigación sobre Atención á Diversidade ( GRAD) da Universidade de Vic – Universidade Central de Cataluña ( UVic- UCC)

Este programa baséase na aprendizaxe cooperativa: unha forma de estruturar a actividade na aula en equipos reducidos de traballo, nos que os estudantes se axudan uns a outros a aprender; moi diferente da estrutura da actividade de tipo individualista ou competitivo que hoxe aínda é a máis habitual nos centros docentes.

Para iso actúase desde tres ámbitos de intervención:
Ámbito A: “A cohesión de grupo”; actuacións para “preparar o terreo” e predisponer aos alumnos para traballar en equipo.

Ámbito B: “O traballo en equipo como recurso”. Contén maneiras diferentes de estruturar o traballo en equipo dos alumnos, de maneira que se asegure ao máximo a participación equitativa de todos os membros dun equipo e a interacción simultánea entre eles.

Ámbito C: “O traballo en equipo como contido”. Contén as actuacións e as ferramentas necesarias para ensinar dunha forma sistemática aos alumnos para traballar en equipo.

Máis información aquí.

Rede KHELIDÔN
Tras anos de formación e asesoramento por parte da Universidade de Vic, formamos xa parte da Rede KHELIDÔN, unha rede de centros que culminaron o proceso de formación sobre o Programa CA/AC nas tres etapas (Introdución, Xeneralización e Consolidación). A finalidade desta rede é compartir as experiencias -como docentes ou como asesores ou asesoras- relacionadas coa aprendizaxe intercambiar material elaborados polos centros e as persoas adheridas á Rede.

Por outra banda, a Rede KHELIDÔN tamén ten como finalidade certificar e validar, a través da Universidade de Vic, as accións formativas (Xornadas, Simposios, cursos…) que leven a cabo os órganos da Rede.

Juan Daponte presenta en V Simposio CAAC - Zaragoza, julio 2019
Back To Top