skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Recibimos A Visita Da Escola ‘Mundos De Vida’

Recibimos a visita da escola ‘Mundos de Vida’

O pasado 30 de novembro recibimos unha visita moi especial dende Lousado (Portugal), a da escola ‘Mundos de Vida’. Nela atopamos unha alma xemelga, ou meior dito unha ‘escola xemelga’ durante o noso primeiro encontro, xa que dímonos de conta da cantidade de cousas que temos en común: somos unha escola de tipo familiar coa ventaxa de ser pequenas e moi cercanas ás familias; somos un colexio plurilingüe (eles dende hai 4 anos e nos dende fai 7); e ámbolos dous usamos o método de ensinanza matemática Singapur.

Clara Liz Losada, directora, foi a encargada de recibilos xunto cos seus antigos fundadores, e xuntos asistimos a clases e falamos de todo o que facemos os dous colexios, como por exemplo, dos proxectos que nos gustaría realizar cos nosos alumnos. Foi unha cita tan agradable, que parecía coma se xa nos coñecésemos dende facía anos, algo normal cando atopas outra escola coa que compartir mesmos soños, metas e alegrías. Ademáis, xa comezaron a surgir novas ideas, algunhas para levar a cabo en asociación, ¡e todo foi durante unha magnífica visita durante un animazo almorzo de traballo, frente á ría de Vigo! Así que, non tardamos en marcar un novo encontro, pero esta vez en Portugal, en Lousado. ¡Estamos impacientes de que chege o día!

Back To Top