Skip to content

Recibimos ao equipo do programa da TVG Digocho Eu

O xoves 22 recibimos no noso colexio a @esther.estevez e a Digochiño (@ire_amador), que acudiron a gravar cos nenos/as de 5ºEP e mailo seu mestre Rubén, xa que son finalistas do concurso escolar do @digochoeu.tv . Aproveitando a visita, tiveron a amabilidade de falar cos nenos/as de educación primaria e contarlles a importancia do galego.

Grazas @ester.estevez e @ire_amador pola vosa labor coa nosa lingua. Sodes marabillosas! 🙂

Back To Top