Recibimos aos alumnos franceses de intercambio!
Como parte do proxecto Jules Verne, o domingo 13 de maio os estudantes do Colexio Losada recibiron a visita dos alumnos franceses de intercambio, cos que pasamos unha experiencia inolvidable en Nantes o pasado mes de marzo.
Estes puideron gozar de circuítos polos lugares máis emblemáticos como o centro da cidade e as illas Cíes e San Simón, sen esquecer as visitas culturais, que incluíron a exposición “Jules Verne: os límites da imaxinación”, o Museo do Mar e o Museo Meirande, e por suposto, tamén reservaron tempo para o lecer, aproveitando para realizar rutas de sendeirismo e actividades deportivas.
O proxecto Jules Verne, cofinanciado polo programa Erasmus + e no que participan 31 alumnos de 3º e 4º de ESO do Colexio Losada, 31 do instituto francés Lycée Nicolas Appert de Orvault e 18 docentes de ambos os centros, vira contorna á figura de Jules Verne e a súa relación con Nantes (onde naceu) e Vigo (cidade que visitou a bordo do seu luxoso iate, o Saint Michel III en 1878 e 1884).
Esta idea nace coa finalidade de fomentar a aprendizaxe conxunta, grazas ás experiencias de intercambio cultural e lingüístico en español, inglés e francés.
O seu principio baséase na tecnoloxía como recurso didáctico e recolle múltiples actividades tales como intercambios transnacionales e dúas mobilidades. Conta, ademáis, coa colaboración de expertos en diversas disciplinas, entre eles: documentalistas, historiadores, xornalistas, escritores e científicos.
A vantaxe que proporciona o Proxecto Jules Verne implica a cooperación para a innovación e o intercambio de experiencias ofrecendo aos alumnos unha gama ampla de actividades relacionadas especialmente coa figura de Jules Verne.