skip to Main Content
Recibimos O Selo De “Centro ETwinning 2019-2020”

Recibimos o selo de “Centro eTwinning 2019-2020”

O Colexio Losada foi premiado co selo de «Centro eTwinning 2019-2020» tras superar un proceso de selección de dúas fases. Con esta condecoración recoñeceuse ao noso colexio por ser un centro pioneiro e líder en diferentes áreas como: o uso das ferramentas dixitais, prevención e seguridade en liña, enfoques pedagóxicos innovadores e creativos, apoio á formación continúa do persoal e fomento de prácticas de aprendizaxe cooperativas para persoal e estudantes.

Ser un centro eTwinning supón participar na maior comunidade para profesores e alumnos de toda Europa, onde todos os participantes destacan polo seu compromiso cun modelo de liderado compartido, por mostrar un firme compromiso coa cooperación, polo intercambio e o traballo en equipo, pola interacción do profesorado coas familias e por ter unha actitude proactiva.

Un modelo inclusivo e innovador do que Colexio Losada está moi orgulloso de participar e implementar. Unha mostra, sen dúbida, de que os colexios deben seguir impulsando proxectos e comunidades educativas que traballen nas reformas didácticas e o desenvolvemento educativo, apoiándose uns nos outros.

Back To Top