skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Losada Recolle O Galardón Vigueses Distinguidos Da última Edición

Losada recolle o galardón Vigueses Distinguidos da última edición

O Colexio Plurilingüe Losada recolleu esta semana no Concello de Vigo a condecoración Vigueses Distinguidos da última edición celebrada. Unha distinción que premia os 55 anos de traxectoria da institución educativa, a paixón, o entusiasmo e a constancia de cada unha das persoas que forman parte de Losada. A cidade olívica outorga cada ano este premio aos seus cidadáns e cidadás para conmemorar a Reconquista, en agradecemento da súa loita constante pola urbe.

Na imaxe, o alcalde de Vigo, Abel Caballero fai entrega ao Colexio Losada do galardón Vigueses Distinguidos en recoñecemento da traxectoria do centro e do seu labor destacado en favor da cidadanía. A directora actual, Clara L. Losada, e Eugenia Losada, fundadora e primeira directora da institución, recollían onte a distinción no Concello de Vigo en representación do colexio.

Back To Top