Recreos Solidarios pola DINA
Para apoiar ás comunidades afectadas pola DINA, no Colexio Losada estamos a celebrar os Recreos Solidarios, nos que o alumnado vende racións de repostería durante os recreos. Todo o recadado destinarase a Cruz Vermella Española e Cáritas Diocesana para axudar aos damnificados.
- Martes 12 de novembro: Repostería feita polo profesorado para Infantil, Primaria e ESO.
- Mércores 13 de novembro: Repostería de alumnado de ESO (para ESO e Primaria). Infantil tamén poderá traer repostería para o seu propio centro.
- Xoves 14 de novembro: A cargo de 4º, 5º e 6º de Primaria (para Primaria e ESO).
- Venres 15 de novembro: A cargo de 1º, 2º e 3º de Primaria (para Primaria e ESO).
Ademais, instalamos unha caixa de correos solidaria na entrada do ximnasio para doazóns adicionais.
Grazas a vosa incrible participación, recadamos un total de 1.678,90 euros, que serán transferidos en partes iguais á Cruz Vermella e Cáritas. Pequenas accións, grandes cambios!