Skip to content

Semana dos Xogos Tradicionais

Como produto final ao proxecto “Faite Saudable!”de Educación Primaria, os nosos alumnos/as puideron desfrutar dunha semana de Xogos Tradicionais tanto nos recreos coma nas clases de Educación Física.

Aprenderon que son unha parte importante da cultura e da historia de Galicia; xa que se transmiten de xeración en xeración, e son unha forma de manter vivas as nosas tradicións e costumes. Ademais tamén puideron aprender habilidades sociais e motoras de forma divertida e educativa.

Dar as grazas a Cándido Mascato como responsable da Asociación A Madana do Grove, que nos deixaron os xogos para que os nosos cativos puidesen coñecelos e xogar con eles.

Que semana tan especial!

Back To Top