Dixitalización
O Plan Dixital, a partir de agora PD, enriquece ao PEC e ao PXA, e reforza o uso adecuado das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa. A competencia dixital (CD) é unha das competencias clave nas que é necesario traballar co alumnado en tódalas etapas e materias e persegue o desenrolo do tratamento da información, a CD e a integración das TICs como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza-aprendizaxe. Aínda que o PD ten como protagonista principal a CD, tamén xogan un papel fundamental a competencia personal, social y de aprender a aprender (CPSAA), a competencia en comunicación lingüística (CCL) e a competencia cidadá (CC), posto que a natureza complexa e globalizadora da CD implica que se desenrolen tamén estas competencias básicas.
Mediante o Plan Dixital de Centro, pretendemos:
- Evaluar a situación do centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos clave que recolle o
Marco Europeo para Organizaciones Educativas Dixitalmente Competentes, para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no centro. - Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital da organización educativa.
- Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización
dixitalmente competente. - Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenrolar unha cultura dixital nas mesmas.
O pasado curso académico o centro adquiriu cinco tabletas para mellorar o traballo do alumnado de NEE.
Os obxectivos principais do PD son:
- Centrarse no alumnado e a súa formación integral.
- Promover o desenrolo das competencias básicas, poñendo a CD como transversal ás 7 restantes.
- Profundizar no coñecemento e uso das TIC aplicadas á educación.
- Promover a transformación da metodoloxía e dos procesos ensinanza-aprendizaxe.
- Garantizar a equidade e igualdade de oportunidades.
- Xeración de contidos dixitais.
- Alfabetización dixital e audiovisual.
- Uso ético das TIC.

