skip to Main Content
Abierto el plazo de solicitud FONDO SOLIDARIO y AYUDAS PARA LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR 2023-2024 + INFO
Chega Unha Nova Asignatura Ao Colexio: STEM

Chega unha nova asignatura ao colexio: STEM

Sempre estamos buscando incorporar coñecementos actuais ás nosas clases. Sobre todo, porque vivimos nun período de gran desenvolvemento tecnolóxico no que a dixitalización marca os nosos pasos cada día. Por iso, este curso escolar, desde Educación Infantil ata 6º de Primaria, comezamos a impartir unha nova asignatura: STEM. Este acrónimo inglés significa: Science, Technology, Engineering and Mathematics. É dicir, toca de forma práctica as catro áreas fundamentais científicas: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. Ademáis, ten moitos puntos positivos:

  • Favorece a investigación.
  • Mellora o pensamento crítico.
  • Axuda a pensar cómo solucionar problemas de forma tanto individual coma en grupo
  • Tamén favorece á creatividade

Estes son os nosos alumnos máis pequenos nunha das súas clases de STEM. O contido básico tanto en infantil coma en primaria orientouse á iniciación a robótica e realidade virtual. Moitos quedaron abraiados con como os seus debuxos cobraban vida.

Algúns dos nosos profesores xa fixeron experiencias de job shadowing noutros centros internacionais para aprender un pouco máis sobre este novidoso área. Podedes consultar as súas experiencias facendo click aquí.

Sen dúbida, STEM supón unha mellora da ensinanza para conseguir que o noso alumnado se interese máis pola ciencia e se integre mellor no mundo tecnolóxico do futuro.

 

Back To Top