
Viaxe a Nantes: unha experiencia inolvidable
Días 1 e 2
A nosa aventura de viaxe a Nantes, como parte do Proxecto Jules Verne no que os nosos alumnos viviron un intercambio cos alumnos do Instituto Nicolas Appert, comezou o pasado 18 de marzo con algún que outro inconvinte no noso traslado a Francia. Tras dous voos cancelados, armámonos de valor e optamos por poñer rumbo por carretera. Despois de moitas horas de viaxe, varias paradas e momentos de moitas risas, os nosos alumnos atopárase coas familias coas que vivirían unha experiencia única… Unha auténtica inmersión lingüística!
![]() |
![]() |
![]() |
Día 3
Continuando coa nosa experiencia, comezamos a visitar tódolos lugares que nos estaban esperando en Nantes. A primeira parada foi a Catedral de Nantes, despois visitamos o Castelo Anne de Bretagne, onde nos explicaron toda a historia de Nantes. Xa pola tarde sumerxímonos no fantástico imaxinario do acuario mecánico El Carrousel des Mondes Marins. Os nosos alumnos puideron subirse ao carrusel e disfrutar sen díbida dunha experiencia única e diferente.
Día 4
No noso cuarto día de experiencias trasladámonos ata Saint- Nazaire e, dividíndonos en dous grupos, visitamos a fábrica de Airbus e as instalacións de Escal’ Atlantique onde puidemos aprender sobre a historia dos transatlánticos. Tamén puidemos ver un submarino de preto, unha visita moi oportuna despois de ler 20.000 leguas de viaxe submarina e de investigar en Física como funcionan estas embarcacións. Ao final destas visitas, desprazámonos ata Guérande, onde puidemos aproveitar dun pouco de tempo libre para descansar e visitar este bonito pobo medieval.
Día 5
Tras aprender sobre os transatlánticos e outros medios de transporte mariños, embarcámonos nun cruceiro polo Río Loira. Pola tarde percorremos Nantes dunha maneira moi divertida e especial: coa axuda dunha aplicación móbil creada polos estudantes de BTS SNIR do instituto Nicolas Appert. Grazas a esta aplicación, descubrimos os diferentes lugares da cidade e a súa relación con Julio Verne.
Xa para rematar o día, visitamos o museo Jules Verne, onde atopamos innumerables referencias ás obras do escritor que fomos lendo ao longo do curso. A mismísima directora do museo, a señora Marcetteau, foi a encargada de recibirnos e guiarnos a través del.
Día 6
Lamentablemente nosa gran experiencia en Nantes chegaba ao seu fin, pero tiñamos que seguir vivindo momentos inesquecibles! Empezamos o día cunha visita a l’École Centrale de Nantes, unha escola de enxeñería. Alí puidemos ver como os investigadores utilizan os máis modernos avances tecnolóxicos para poñelos ao servizo da industria. Á hora para comer, puidemos gozar dun sofisticado menú de deseño que nos tiña preparado o restaurante d’ Application da escola de hostalería.
Tras gozar dunha exquisita experiencia culinaria, dirixímonos ao concello de Orvault onde nos recibiría o alcalde, o señor Parpaillon e o seu equipo con representantes de Educación. Mostráronse moi interesados no noso proxecto!
![]() |
![]() |
Tras a recepción, volvemos ao instituto para traballar sobre o Atlas da novela de Xullo Verne “ Robur o conquistador”, nesta ocasión tiñamos a oportunidade de continuar este proxecto en persoa. Durante as últimas semanas, os alumnos do Colexio Losada e do Lycée Nicolas Appert estiveramos traballando conxuntamente e a distancia neste proxecto: inventariar todas as localizacións que se atopan no libro.
![]() |
![]() |
![]() |
Como broche final ao día e a modo de despedida (xa que ao día seguinte emprendiamos rumbo a Vigo), ofrecéronnos unha merenda á que acudiron os pais e nais dos alumnos franceses que nos abriron as portas das súas casas durante estes días. Iamos con moita pena, pero tamén con moita alegría por vivir unha aventura fascinante! Como recordo do noso proxecto e desta visita, regalamos ao instituto unha réplica do Nautilus, que entregamos a Daisy Houlès.
Esperámosvos en Vigo!