Skip to content

Visita ao instituto de investigacións sanitarias Galicia Sur

Esta mañá o alumnado de 3° ESO visitou as  instalacións do Instituto de Investigaciones Sanitarias Galicia Sur situadas no Hospital Cunqueiro.

A científica Beatriz Malvar Fernández acompañada de membros do seu equipo explicáronnos as súas liñas de investigación e as técnicas que empregan nas mesmas.

Mostráronnos  os laboratorios de que dispoñen e  permitiron aos alumnos e alumnas manipular o material de laboratorio e observar os resultados obtidos no momento, conseguindo acercar a ciencia aos rapaces dunha forma moi práctica.

Foi unha experiencia moi interesante que seguro repetiremos.

Back To Top