
Visitamos a biblioteca Juan Compañel
O pasado 16 de febreiro os alumnos de 3º de Primaria visitamos a biblioteca municipal Juan Compañel na que puidemos coñecer con todo detalle como funciona unha biblioteca e como aproveitar todos os recursos que nos ofrece. Ademais de coñecer a súa historia, consultamos libros en grao sumo curiosos e gozamos de contacontos, xogos e actividades didácticas coas que todos nolo pasamos xenial ¡encantounos visitar a biblioteca!