Saltear al contenido principal
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Obradoiro Sobre Violencia De Xénero E Apoderamento Feminino En 3º ESO

Obradoiro sobre Violencia de Xénero e Apoderamento Feminino en 3º ESO

Este obradoiro tivo como obxectivos explorar e reflexionar sobre os temas de violencia de xénero, medo nos espacios públicos e apoio entre mulleres a través do visionado da película documental Tódalas mulleres que coñezo (Walkie Talkie Filmes, 2018), dirixida por Xiana do Teixeiro. 

A través das voces de varias mulleres galegas, o fondo documental baséase en experiencias cotiás relacionadas co medo e a inseguridade e convídanos a unha reflexión sobre as situacións de violencia estrutural ás que moitas veces están expostas como mulleres.

Guiados por preguntas abertas, despois do visionado do filme, os alumnos e alumnas falaron sobre os momentos que máis lle impactaron, conectando as experiencias das protagonistas con vivencias propias ou de persoas próximas.

 A actividade promoveu un intercambio enriquecedor, onde cada participante puido escoitar, comprender e contribuir coa su perspectiva, facendo do debate unha ferramenta fundamental para integrar as aprendizaxes e sensibilizarse de maneira profunda coas experiencias e desafíos que as mulleres enfrentan na su vida cotiá.

Volver arriba