Saltear al contenido principal
LISTADO LIBROS Y MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24 + INFO
Taller Sobre Ciberacoso Da Fundación Alborada

Taller sobre Ciberacoso da Fundación Alborada

O xoves 9 de novembro, na asignatura de Tecnoloxía e Dixitalización, o alumnado de 2ºESO participaron na charla-taller «Non EnRedes» que é un programa de Prevención de riscos derivados do uso inadecuado das TRIC (Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación), dirixido a menores e adolescentes, ademais de estar destinado á sensibilización e educación de familias e centros educativos, para a promoción do uso seguro e responsable das tecnoloxías. A ponente, Andrea Venn, fixo as delicias dos rapaces e rapazas e logrou unha total e absoluta conexión coa clase, axudándoos a adquirir mais conceptos e a afianzar outros novos. Moitas grazas!

Volver arriba