Traballamos o outono
O venres 24 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixeron unha andaina ata o bosque para traballar o outono. Ademáis de ver as diferentes árbores, de folla caduca e perenne, recolleron piñas, ourizos e algunha que outra noz e castañas. Tamén houbo un tempo de lecer no parque para merendar e xogar. Pasaron unha mañá fantástica.










