1º e 3º ESO visitan conservas Albo
O mércores 29 de maio, o alumnado de 1º e 3º da ESO visitou a conserveira Albo en Salvaterra de Miño. A excursión foi a derradeira saída relacionada co proxecto “A industria conserveira en galicia” e permitiu aos estudantes coñecer de preto o proceso de elaboración das conservas de peixe.
A visita comezou cunha breve explicación sobre a historia da empresa, que leva máis de 150 anos dedicándose á conservación de peixe. Despois dividíronnos en tres grupos e dirixímonos por uns pasillos especiais onde había unhas fiestras que daban á distintas partes da fábrica, comezamos visualizando a sección de recepción de peixe, onde estaba a zona de descarga e clasificación de produto. Logo, pasamos á área de limpeza e eviscerado, onde observamos como se preparan os peixes antes de ser cocidos. Esta parte do proceso foi especialmente interesante, xa que vimos as máquinas en acción e o traballo manual das traballadoras.
Despois, fomos á zona de cocción e envasado, onde o peixe é cociñado a altas temperaturas para garantir a súa conservación. Tamén vimos como se envasan as conservas en latas e se etiquetan para a súa distribución. Durante todo o percorrido, a guía explicounos cada etapa do proceso con moito detalle e respondeu ás nosas preguntas.
Ao final, cada alumno recibiu un pequeno agasallo: unha bolsa e latas de conserva da empresa, quedaron moi satisfeitos coa experiencia e aprenderon sobre o esforzo e a dedicación que implica a produción de conservas de alta calidade, así como, a importancia do sector conserveiro en Galicia e o compromiso de Albo coa sustentabilidade e a calidade dos seus produtos. Sen dúbida, foi unha visita moi enriquecedora que nos deixou un bo sabor de boca.