
Visita de Xosé Antonio Neira Cruz
Os alumnos de 2º ESO recibiron hoxe no colexio a visita de Xosé Antonio Neira Cruz que nos falou do seu libro O enigma de Santiago, sobre o que están traballando nun proxecto interdisciplinar, que terá como produto final, un roteiro virtual dos lugares nos que transcorre esta novela.
A nosa idea gustoulle tanto ao propio Neira Cruz, que nos pediu que lle fagamos chegar o roteiro unha vez que o rematemos, para poder compartilo con otros futuros lectores.