Saltear al contenido principal
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Visita Do Curso De 1º De ESO á Fundación Fish Nation

Visita do Curso de 1º de ESO á Fundación Fish Nation

Do 25 ao 29 de novembro, a Fundación Fish Nation, constituída en 2024 pola asociación CONXEMAR (Asociación Española de mayoristas, transformadores, importadores y exportadores de productos de la pesca y acuicultura) desenvolve unha actividade de divulgación científica xunto coa Plataforma Ecoafrik á que asistiu o noso alumnado de 1º ESO.

A temática da actividade: «Protexer a biodiversidade e os ecosistemas mariños para un uso sustentable dos océanos – Un proxecto de divulgación contado dende a ciencia».

O alumnado de 1º de ESO do noso centro participou activamente nestas xornadas, deseñadas para divulgar e concienciar sobre o importante papel da investigación na protección e conservación da biodiversidade mariña.

A xornada comezou cunha cálida benvida por parte do equipo da fundación, para continuar cunha charla impartida por dous científicos da facultade de ciencias do mar da Universidade de Vigo que compartiron a súa paixón polos océanos e explicaron de forma sinxela e entretida as principais características de estos vastos ecosistemas que cobren más do 70% do planeta.

Os científicos comenzaron a presentar o concepto de océano como un espacio dinámico e interconectado, destacando a súa importancia como fonte de vida, regulador climático e sostén das cadenas alimentarias. A través de imaxes e mapas, amosaron unha diversidade de océanos, dende os fríos polos ata os cálidos trópicos, facendo fincapé nas diferenzas entre eles.Tamén explicaron as propiedades físicas e químicas da auga mariña, como a salinidade, a presión, a temperatura e a luz e como estos factores inflúen na vida mariña e nos fenómenos oceánicos. Tamén falaron da impresionante biodiversidade dos océanos, destacando exemplos de ecosistemas únicos como os arrecifes de coral, os fondos abisais e os bosques de algas. Ademáis, sensibilizaron aos alumnos sobre os perigros que afectan a estos hábitats, como a contaminación por plásticos e o cambio climático, e insistiron na importancia de súa protección.

Posteriormente, tiveron a oportunidade de observar ao microscopio e con lupas, mostras de animais mariños, como corais, pequenos crustáceos… Foi unha experiencia única que lles permitiiu ver o fascinante mundo microscópico que sustenta a vida nos océanos.

Esta actividade combinou á perfección o aprendizaxe e a experiencia activa, deixando aos estudantes inspirados e conscientes do papel fundamental que todos xogamos na protección dos océanos. ¡Un día para recordar e actuar!

Volver arriba