Saltear al contenido principal
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Visita Aos Laboratorios De Investigación Do Instituto Galicia Sur No Hospital Álvaro Cunqueiro De Vigo

Visita aos Laboratorios de Investigación do Instituto Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O mércores 20 de novembro alumnado de 3º e 4º da ESO  tiveron unha emocionante oportunidade de coñecer os laboratorios do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (@iisgaliciasur) no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, grazas á invitación de Samuel García Pérez e Beatriz Malvar Fernández, científicos do grupo de Reumatoloxía e enfermidades inmuno-mediadas IRIDIS.

Durante a visita, os alumnos exploraron diferentes laboratorios descubrindo cómo se realizan estudios punteiros para combatir diversas enfermidades e tamén recibiron charlas como a do Dr. Carlos Spuch Calvar, recoñecido investigador en neurociencia, que abordou temas claves e interesantes sobre o funcionamiento do cerebro e a importancia da investigación para dar solucións a enfermidades tan actuais como a depresión e o alzheimer.

Agradecemos ao equipo do Instituto Galicia Sur e ao Hospital Álvaro Cunqueiro por abrirnos as súas portas e compartir a súa paixón pola investigación, axudando a despertar vocacións científicas e inspirar ao noso alumnado cara un futuro no que a ciencia e innovación sexan fundamentais. ¡Foi una experiencia inesquecible!

Volver arriba