skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO

Normas xerais

O obxectivo destas normas non é o de coartar ou reprimir a liberdade dos nosos alumnos/as senón, polo contrario, o do respecto á mesma. Así mesmo crear un ambiente educativo axeitado, condición indispensábeis para acadar unha educación integral.

Puntualidade

A puntual asistencia favorece o rendemento escolar dos alumnos/as. En consecuencia, é requisito indispensábeis que antes de calquera retraso ou saídas dentro do horario escolar se xustifique convintemente.

Ausencias xustificadas

As familias deben procurar que as ausencias non sexan por motivos leves e, en todo caso, han ser xustificados mediante nota escrita ou entrevista persoal.

Coidado do material e instalacións

Os alumnos/as deben facerse responsábeis do material persoal e común, e manter ordenadas e limpas as clases e instalacións. Todo alumno/a que rompa, pinte ou estrage mobiliario, material común, libros, etc… correrá co custo do arranxo ou reposición.

Hábitos

Os alumnos/as deben asistir ao Colexio correctamente aseados, tanto na súa hixiene persoal como na súa indumentaria. Non está permitido fumar, consumir bebidas alcohólicas ou drogas dentro do recinto escolar.

Corrección

Os bos modais, vocabulario e actitudes de compañerismo e solidariedade deben ser o testemuño da boa educación e formación persoal. As blasfemias, palabras mal soantes, faltas de respecto, tanto a compañeiros/as coma a profesores ou empregados do Colexio, serán debidamente sancionadas.

Notificacións

Os boletíns de notas, controis, avalicacións, ou calquera outro tipo de notificacións que sexan enviados, deben de ser devoltos asinados polos pais ou titores dentro dos prazos previstos.

Sancións

O incumprimento destas normas de convivencia resolverase, nun principio, a través do diálogo co alumno/a, e con amonestación persoal, cando se produzan reincidencias. No caso de que non dean resultado as medidas anteditas, terase unha entrevista cos pais. Se, a pesares dos esforzos conxuntos, non se teñen resultados positivos, aplicaranse as medidas sancionadoras previstas nas Normas de convivencia e disciplina (Plan de convivencia escolar) do Colexio Plurilingüe Losada.

Rúa Baixada ao Capitán, 31-37
36214, Vigo

cpr.losada@edu.xunta.es

986 266 427 – 986 253 248

986 272 229

Horario

De luns a venres:
Ed. Infantil de 9:00 a 14:15 horas.
Ed Primaria e ESO de 9:00 a 14:30 horas.
ESO: mércores de 16.30 a 18:10 horas.

Centro plurilingüe

Galego, español, inglés

Niveis de ensino

Educación Infantil, Ensino Primario, Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.), Educación Especial

Máis información

Back To Top