Información xeral
Niveis de ensino
No Colexio Plurilingüe Losada escolar impártense as seguintes ensinanzas:
- Educación Infantil
- Ensino Primario
- Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.)
- Educación Especial
Horario escolar
De luns a venres:
Ed. Infantil de 9:00 a 14:15 horas.
Ed Primaria e ESO de 9:00 a 14:30 horas.
ESO: mércores de 16.30 a 18:10 horas.
Uniformidade
Os alumnos do Colexio Losada deberán estar en posesión obrigatoriamente de:
- E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria: Chándal diario, mandilón e polo de manga curta regulamentarios, polo de manga longa (opcional), pantalón curto (optativo).
- 3º de E. Primaria: Chándal diario, polo de manga curta regulamentarios, polo de manga longa (opcional), pantalón curto (optativo).
- 4º a 6º cursos de E. Primaria (equipaxe de Educación Física): Chándal “Losada” e camiseta “Losada”.
- Resto: Equipaxe de educación física regulamentaria.
Esta uniformidade adquirirase en:
Corte Inglés – Vigo
Libraría
Os alumnos/as que o desexen poden adquirir os libros de texto na libraría de Colexio. No seu caso, o importe poderá aboarse fraccionado.
Resultado dos estudos
Os pais estarán informados da evolución académica dos seus fillos/as a través dos boletíns trimestais. Ademais as familias estarán informadas a través da plataforma dixital escolar.
Actividades complementarias
Ao longo de curso, dentro do horario lectivo, os alumnos/as do Colexio Losada disfrutarán dunha ampla serie de actividades que complementarán a súa formación integral: visitas, culturais, charlas, audicións musicais, obradoiros, excursións…
Actividades extraescolares
A principio de curso o Centro ofrecerá aos alumnos/as unha ampla oferta de actividades formativas e deportivas, que se desenvolverán polas tardes.
Seguro escolar
Os alumnos/as disporán dun seguro que permite atender os posibles accidentes que poidan sufrir os alumnos no Colexio, practicando deporte, en visitas escolares, excursións…Así mesmo, contarán cun seguro de responsabilidade civil.
Aula de apoio
O Colexio Losada dispón dun gabinete a cargo de especialistas para aqueles alumnos/as con certas dificultades de aprendizaxe e de audición e linguaxe, a fin de recuperalos e procurar a súa normal integración no seu curso. Estas clases impártense en horario lectivo.
Gabinete de orientación
O Centro dispón dun Psicólogo para axudar ós alumnos/as con problemas actitudinais ou de aprendizaxe, na mellora do seu rendemento escolar a través de técnicas de estudo e para orientar o futuro académico e profesional dos que rematan os seus estudos.
Órganos de participación
- Consello Escolar (elexido cada dous anos)
- Asociación de de Pais de alumnos (ANPA), elexida cada dous anos.
- Delegados de curso (alumnos/as), elixidos cada curso escolar.
Relación pais-profesores
As entrevistas entre Profesores e pais terán lugar habitualmente os mércores pola tarde, en horario que se comunicará oportunamente. Estas concertaranse a través dos impresos que se facilitarán a principio de curso. A comezo de curso haberá unha reunión informativa con todos os pais a nivel de aula.
Atención ao público
A Dirección e Secretaría do Colexio Losada atenderán ao público en xeral no seguinte horario:
- Mañás: De 9:00 a 13:30
- Tardes: De 16:20 a 18:00 (mércores)