skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
11 De Febreiro: Día Internacional Da Muller E A Nena Na Ciencia

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a lograr unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia. No noso colexio non queremos pasar por alto esta data tan importante, é por iso que os alumnos e alumnas de 4º ESO organizaron un contacontos e un taller para os cursos de 1ºEP e 2ºEP no cal lle falaron da primeira muller que foi ao espazo, Valentina Tereshkova. Nosos peques construíron unha liña do tempo sobre a carreira espacial, descubriron as emocións que senten as científicas no seu camiño investigador e acabaron todos xuntos cantando unha canción e facendo un estupendo playback. O material utilizado, cóntame como dedicarme á ciencia foi elaborado polo CSIC e  podédelo atopar na seguinte ligazón por se vos apetece descubrilo en familia:

CÚENTAME COMO DEDICARME Á CIENCIA

 

 

Back To Top