skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Éxito Na Olimpiada Sobre A Unión Europea

Éxito na Olimpiada sobre a Unión Europea

O equipo formado por cinco alumnos/as de 4o ESO obtivo unha espectacular vitoria na fase rexional da Olimpiada sobre a Unión Europea celebrada en Santiago de Compostela. Os seus ensaios sobre a importancia da participación nas eleccións europeas foron os mellor valorados por un tribunal composto por profesorado universitario e unha exdeputada no Congreso.

Agora afrontarán, entre os días 19 e 21 de abril, a fase nacional que se celebrará en Salamanca coa ilusión de seguir vivindo esta maravillosa experiencia persoal. Na histórica universidade salmantina tentarán conseguir o soño de viaxar a Bruselas para visitar e coñecer as principais institucións da Unión Europea.

Back To Top