skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Semana Intercambio Proxecto Erasmus En Vigo

Semana Intercambio Proxecto Erasmus en Vigo

Na semana do 15 ao 19 de abril recibimos aos estudantes e profesorado do Collège Anselme Mathieu para participar nas actividades da semana de intercambio en Vigo. Esta mobilidade forma parte do Proxecto 2023-1-ES01-KA121-SCH-000147967, cofinanciado polo programa Erasmus + da Unión Europea.

Despois do emotivo reencontro entre estudantes españois e franceses que compartiran vivencias en Avignon no mes de febreiro comezou a desenvolverse un ambicioso plan de actividades encamiñado a continuar a inmersión lingüística e profundar nas competencias culturais e sociais.

Iniciouse a semana coa recepción no Concello de Vigo por parte do Alcalde continuando con actividades educativas, lúdicas e deportivas ao longo da semana tanto nas instalacións do noso Colexio como en zonas emblemáticas de Vigo. Cabe destacar a complicidade entre o alumnado francés e español ao compartir xogos populares, geocaching no Casco Vello, surf e natureza na praia de Patos para terminar coa visita a Santiago de Compostela.

Termina así un exitoso proxecto con fantásticas experiencias que, sen dúbida, contribuirán ao desenvolvemento competencial e persoal de todos os participantes cunha fantástica interacción que esperamos teña continuidade en próximos proxectos Erasmus.

Back To Top