skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
A Ciencia No Sector Agroalimentario

A ciencia no sector agroalimentario

O mércores 29 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO disfrutou dunha charla impartida polo catedrático da Universidade de Vigo D. Francisco Javier Carballo García enmarcada no proxecto “A industria conserveira en Galicia”

Ao longo da charla e despois de facer unha breve exposición do contexto histórico que levou ó descubrimento dos alimentos enlatados por Nicolas Appert arredor de 1795 o profesor explicou os distintos pasos que se levan a cabo no enlatado, que son: básicamente, sellado das latas a presión e posteriormente esterilización, é dicir, quentalas por un tempo determinado e a certa temperatura ata que permita eliminar microorganismos.

Para rematar, centrouse no proceso industrial de enlatado de tres especies moi importantes: os túnidos, a sardiña e o mexilón.

Foi unha charla moi interesante xa que  aportou moita información do proceso de enlatado que descoñecíamos totalmente.

Back To Top