skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Charla Sobre “A Pegada Dixital”  Aos Alumnos De 2º Da ESO

Charla sobre “A Pegada Dixital” aos alumnos de 2º da ESO

O mércores 12 de abril, o alumnado de 2ºESO recibiu a visita dunha especialista en ciberseguridade da AMTEGA (Axencia para a Modernización TEcnolóxica de GAlicia) que impartiu unha charla taller sobre a Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais. Con esta charla búscase reforzar a competencia básica dos nosos alumnos e alumnas en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais, explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital, afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas e ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Extraemos unha clara ensinanza: Lembra compartir con precaución, non e posible controlar o que os demais poden facer co que compartimos. A túa información é moi valiosa.

Back To Top