skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Economía E Scrabble

Economía e Scrabble

Quen dixo que xogar e aprender estaban rifados? O noso alumnado de 4ºESO fixo un repaso do último tema estudado, titulado A economía que nos rodea, empregando unha dinámica de aprendizaxe cooperativa (AC) baseada no famoso xogo de mesa Scrabble. Desta forma fixeron fincapé nas palabras craves do tema e pasaron un bo intre. Que vos parece?

Back To Top