“Centenario cos cativos” da Fundación Celta
O alumnado de 3º e 4º ESO acompañado polo profesorado titor asistiu na tarde do mércores 19 de abril, no Auditorio Mar de Vigo, ó evento denominado o “Centenario cos cativos” organizado pola Fundación Celta. Neste acto o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer mellor a historia do RC Celta e os seus ídolos Iago Aspas e Gabri Veiga que responderon ás preguntas formuladas entre outras pola nosa alumna Carme Martínez.
A asistencia a este evento forma parte das actividades que está a desenvolver o alumnado no proxecto interdisciplinar que ten como eixe temático o Centenario do RC Celta. O clube está a colaborar activamente no proxecto e cursou unha invitación de grupo para que estivésemos presentes no evento.