
Aberto o prazo de solicitudes Programa Vigo en Inglés 2023
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión do 3 de marzo de 2023 as bases reguladoras e a convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa – Vigo en Inglés 2023 dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.
O prazo de presentación de solicitudes será do luns 6 ata o venres 17 de marzo, ambos #inclusive, e o formulario de solicitude xunto coa documentación requirida deberá presentarse no rexistro xeral do concello de Vigo (vía telemática ou presencial).
Toda a información actualizada sobre o asunto (bases, formulario de solicitude…) está dispoñible nas webs vigoeningles.org y escolasvigo.org