skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Programa Erasmus En Irlanda 2023

Programa Erasmus en Irlanda 2023

Cinco alumnas de 3º da ESO asistirán a clase no instituto Coláiste Lascaigh en Easky, Irlanda, durante dúas semanas en marzo 2023 como parte do Programa Erasmus de Inmersión lingüística e cultural.

Como parte do Proxecto de Acreditación Erasmus (2022-1-ES01-KA121-SCH- 000068144), cinco alumnas de 3º de ESO realizarán unha mobilidade escolar individual de curta duración no pobo de Easky, Irlanda para realizar un programa de 14 días consistente na integración e seguimento da xornada escolar habitual, no curso denominado Transition Year, do instituto Coláiste Iascaigh. Durante 14 días, as nosas 5 alumnas poderán vivir e participar como unhas alumnas máis, da rutina escolar deste instituto irlandés asistindo a clases de matemáticas, historia, lingua inglesa, economía doméstica, educación física, etc.

Ademais do período lectivo obrigatorio, as nosas alumnas realizarán actividades extraescolares deportivas e culturais por exemplo fútbol gaélico ou surf así como visitas a centros históricos de interese. As alumnas irán acompañadas da directora do colexio e tamén profesora de lingua inglesa, Clara Liz, e aloxaranse en casas de familias locais, para poder gozar aínda máis intensamente da inmersión lingüística e cultural.

Este é un programa cofinanciado polos fondos europeos de Erasmus+

Obxectivos do programa

    1. Desenvolvemento da competencia de comprensión oral da lingua inglesa en diferentes contextos: situacións académicas, formais e informais.
    2. Desenvolvo da competencia de comunicación oral en lingua inglesa en diferentes contextos: situacións académicas, formais e informais.
    3. Desenvolvo da competencia de comprensión lectora en lingua inglesa, a capacidade de comprender e lembrar a información que se le.
    4. Desenvolvo da habilidade de expresión escrita en inglés do alumno mediante a produción de textos con diferentes propósitos.
    5. Desenvolvo da competencia intercultural do estudante para funcionar de maneira efectiva nunha cultura distinta á súa, para pensar e actuar de maneira adecuada, e para comunicarse e traballar con persoas de diferentes orixes culturais no estranxeiro.
    6. Desenvolvo das habilidades brandas do alumnado: persoais e sociais: autonomía persoal, flexibilidade, resolución de problemas, traballo en equipo, paciencia, empatía, motivación, etc.
Back To Top